
300.000 € para el proyecto de recuperación de la Playa Fluvial del río Furelos, con fondos del Pla
n E y otros 100.000 € más con cargo a la Diputación de A CoriuñaEn 2006 se habían presentado más de 1.000 firmas solicitando el proyecto a Medio Ambiente, Aguas de Galicia y Concello de Melide y ha tenido que ser este último quien lo saque adelante.
--------------------------------------------------------
Texto y fotos: Xavier Pazo- As. Troiteiros Río Furelos-
--------------------------------------------------------
A Asociación de Troiteiros “Río Furelos” quere manifestar a súa inmensa satisfacción ao coñecer a
través dos medios de comunicación da posta en marcha de todos trámites para levar a cabo unha obra de extraordinaria importancia para todos os veciños e visitantes de Melide. Referímonos ao proxecto de recuperación integral programada polo Concello para a tan esquecida área recreativa fluvial do río Furelos.Xa na anterior lexislatura no ano 2006 remitiramos escritos a Medio Ambiente, Augas de Galicia e á Alcaldesa de Melide, daquela do PP, para que se levasen a cabo as actuacións necesarias que fixesen posible a utilización segura e cómoda das instalacións por parte dos veciños. Neles requiríase, sobre todo,a limpeza do cauce do río, que por estar cheo de lodos impedía o baño. Mesmo chegaramos a recoller máis de 1050 sinaturas nun escrito que fora entregado no Concello o 11 de setembro de 2006 e posteriormente a augas de Galicia . Dende aquela xa choveu.
Máis agora non podemos por menos que darlle os parabéns ao Concello por acordarse deste espazo público á hora facer un investimento que rondará os 300.000 € a cargo dos fondos do novo Plan E, acompañados da outra actuación de 100.00 € do Plan da Deputación de A Coruña no plan Terras Ulla-Tambre.
Os melidenses saudamos con ledicia esta nova e acollemos a toma de decisión do Concello de Melide cunha expectante alegría, agardando que o investimento se faga con sentidiño. Xa vai sendo hora de que Melide teña unha área recreativa como se merece e os seus veciños e veciñas non teñan que verse na obriga de desprazarse a concellos limítrofes nas épocas estivais para disfrutar do seu lecer .


No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada